O camiño ata a fervenza discorre por pequenos sendeiros ao lado de regatos, con bosques de ribeira e algunha aldea con interesantes mostras de arquitectura popular rodeadas de paisaxes agro-gandeiros. O tramo final accede por pasarelas de madeira e incluso algunhas escaleiras talladas na pedra.
Os bosques teñen ese embruxo e delicia que os fan tan gratificantes a viaxe a pesar do demandante que solen ser fisicamente falando
. Nos Montes dos Cabaleiros, moi próximo a Serra do Xistral, nace o Rego do Val dos Infernos a case 700 de altitude e descende cara eo este, cara ao río Ouro, onde conta a lenda que existiu unha gran lagoa que ocupaba boa parte das zonas baixas deste concello de O Valadouro.
Ao pouco do seu nacemento estreitase nun val onde ten que rebordar importantes desniveis. Un deles coñecemolo como O Pozo da Onza onde se forma unha fermosa fervenza de case 15 metros de altura. Ao seus pes formase un magnífico remanso de auga que forma unha fantástica poza entre cuarcitas e na sau base forma pequenos charcos e superficies tapizadas por liques e musgos .
Como case tódalas fervenzas esta tamén ten a súa lenda, pois din que o son da fervenza atribuíno a unha xove dama que extraviou (o lle foi roubado) un peine de ouro. Os seus lamentos confundense coa corrente de auga. A historia pode estar relacionada coa lenda do peine de ouro, que é un conto tradicional de a Montagne Noire. Nel describen o empeño de un burgués de Hautpoul para apoderarse do peine de ouro propiedade da fada Saurimonde ou Salimonde .
E ata aquí a ruta deste mes para o vindeiro mes iremos ata a Toxiza
Powered by Wikiloc
